Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de agosto de 1948 (76 anos) Winona, Estados Unidos de América (pt) |
Directora executiva | |
Datos persoais | |
Educación | William Woods University (en) Universidade de Wisconsin-Madison |
Actividade | |
Ocupación | executiva, empresaria |
Premios | |
|
Carol Ann Bartz, nada o 29 de agosto de 1948, en Winona, Minnesota, foi Directora executiva de Yahoo! desde o 13 de xaneiro de 2009 até o 6 de setembro de 2011.[1] Anteriormente foi Directora, Presidenta e CEO de Autodesk, a cuarta empresa máis grande do mundo de software de empresa para PC desde 1992 até 2009. Os ingresos netos de Autodesk aumentaron de 285 millóns de dólares a máis de 534 millóns durante o seu mandato.
Cando Carol foi contratada por Yahoo a principios de 2009 o seu salario era de 1 millón de dólares anuais. O 6 de setembro de 2011, Bartz foi destituída do seu cargo en Yahoo (vía telefónica), e o director financeiro Tim Morse foi nomeado novo director executivo da empresa. O despedimento de Carol custoulle a Yahoo 14 millóns de dólares.[2]